Colexio Martínez Otero
Onde aprender é vivir

Biblioteca

A nosa biblioteca escolar é moito máis ca un espazo físico: é un punto de encontro para toda a comunidade educativa, que promove a lectura, a aprendizaxe e a creatividade nun ambiente acolledor e adaptado ás necesidades do alumnado.

Situada nunha ampla sala luminosa, conta con instalacións modernas e versátiles:

  • Sala principal.
  • Zona infantil con mobiliario adaptado e fondos específicos para o alumnado de Educación Infantil e primeiros cursos de Primaria.
  • Espazo audiovisual equipado para proxeccións e actividades multimedia.
  • Ordenadores con acceso a internet para consultas e traballos escolares.
  • Expositor de novidades literarias e recomendacións lectoras.
  • Zona de xogos con variedade de propostas lúdicas adaptadas a todas as idades, que favorecen o desenvolvemento de habilidades sociais, cognitivas e lingüísticas.

A biblioteca ofrece tres servizos principais:

  • Servizo de lectura: uso libre do espazo e acceso directo ao fondo bibliográfico durante o horario de apertura.
  • Servizo de préstamo: dispoñible para alumnado e profesorado, facilitando a lectura en casa ou a preparación de actividades.
  • Servizo de documentación: apoio na procura de información e recursos para os proxectos didácticos.

O centro garante a apertura da biblioteca durante os recreos, permitindo que o alumnado aproveite este tempo para ler, estudar, xogar ou participar nas distintas actividades organizadas ao longo do curso.

Como complemento fundamental, contamos con dous clubs de lectura, un dirixido ao alumnado de Primaria e outro para o de Secundaria, nos que se fomenta o gusto pola lectura compartida e a análise crítica das obras. Estes clubs reúnense periodicamente para comentar libros seleccionados, realizar actividades creativas relacionadas coas lecturas e participar en encontros con autores, concursos e outras propostas de dinamización.

A biblioteca escolar dispón dun fondo actualizado e diverso, con literatura infantil e xuvenil, obras de consulta, materiais en galego, castelán e inglés, ademais de recursos dixitais e audiovisuais, que enriquecen o traballo diario nas aulas e serven de apoio aos proxectos do centro.

Desde a biblioteca promovemos o desenvolvemento das competencias lectoras, a autonomía na procura de información e o pracer pola lectura como ferramenta esencial para o crecemento persoal e académico.

Pódense seguir todas as novidades e actividades no blog da biblioteca e tamén se pode acceder ao seu catálogo directamente aquí.


Responsables:

 

  • Antonia Couto García (coordinadora)
  • Esperanza Rodríguez Veiga
  • Patricia Fernández Fernández
  • Lorena Longarela Rodríguez
  • Fátima Fernández Gómez
  • Brais Paz Díaz

 



Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram