Admisión e matrícula para o curso 2025-2026
O CPR Plurilingüe Martínez Otero imparte diversos niveis educativos desde educación infantil ata ESO.
En calquera momento do ano, as familias interesadas poden concertar unha cita connosco para coñecer máis en detalle o Proxecto do Centro e o Modelo Educativo. Cando os pais coñecen a fondo a proposta do centro con antelación ao momento de solicitar a praza, gozan de maior liberdade para escoller o colexio que máis se axusta ás súas preferencias. Esta entrevista non supón ningún compromiso para a familia nin para o Centro.
O día 15 de xaneiro iniciouse o procedemento de reserva de praza para centros adscritos do alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria e ESO para o curso 2025 - 2026.
O centro oferta 20 prazas para os nenos e nenas que inician a súa etapa educativa no Colexio, ademais doutras vacantes no resto de cursos.
Calendario do proceso de admisión
Presentación da solicitude de admisión dos alumnos que cambien de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou para estudos superiores. | Do 1 ao 20 de marzo |
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. | Antes do 25 de abril |
Publicación de listaxes definitivas. | Antes do 15 de maio |
- Toda a información sobre o proceso de admisión e as listaxes de admitidos e non admitidos publicaranse no taboleiro de anuncios do centro.
Información xeral
- Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, en caso de duplicidade de solicitude esta suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Solicitude de praza
Pódese solicitar praza presentando a corresondente solicitude (consultar apartado de documentación máis abaixo) cumplimentada no centro. Os formularios serán facilitados tamén gratuitamente no centro. Tamén se pode presentar directamente na sede electrónica da Xunta (código ED550B) ou a través da aplicación ADMISIONALUMNADO.
Cando existan máis solicitudes que prazas dispoñibles, os criterios prioritarios de admisión serán:
CRITERIO | PUNTUACIÓN |
Irmán ou irmá matriculados no centro. | Primeiro irmán: 8 puntos |
Proximidade ao centro docente do domicilio familiar da persoa proxenitora, titora ou acolledora. | Na área de influencia : 8 puntos |
Proximidade ao centro docente do lugar de traballo da persoa proxenitora, titora ou acolledora. | Na área de influencia : 6 puntos |
Renda per cápita da unidade familiar. | Inferiores a 0,5 veces ó IPREM: 3 puntos |
Por persoa proxenitora, titora ou acolledora traballadora do centro docente. | 3 puntos, non acumulables por ambos proxenitores |
Familia numerosa. | Categoría especial: 3 puntos |
Alumnado nado de parto múltiple. | 8 puntos se son dous |
Familia monoparental. | 2 puntos |
Por discapacidade igual ou superior ao 33 % dos membros computables da unidade familiar. | Alumno/a: 4 puntos |
Condición de vítima de violencia de xénero. | 2 puntos |
Condición de vítima de terrorismo. | 2 puntos |
Criterio establecido polo centro: fillo/a de exalumno/a. | 1 punto |
Documentación para admisión a presentar no centro (do 1 ao 20 de marzo):
- SOLICITUDE: Anexo II e Anexo II bis
- Documento acreditativo da idade do/a alumno/a: fotocopia do DNI, Libro de familia...
- Certificado de escolaridad para alumnos/as de EP ou ESO. (solicitar no centro de orixe)
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso.
- Copia do DNI do solicitante e dos membros da unidade familiar se non acepta a comprobación automática pola administración.
Formalización de matrícula:
Os prazos para formalizar a matrícula serán:
- do 20 ao 30 de xuño en educación infantil e primaria
- do 25 a o 10 de xullo en educación secundaria obrigatoria