Academia de Idiomas Activa
Sabemos da importancia que ten a aprendizaxe de idiomas hoxe en día, por iso, o noso centro Plurilingüe aposta por iso. Desde a empresa Activa, ofrécese a alumnos e familias a oportunidade de aprender Inglés. A Escola de Idiomas é un proxecto de ensinanza de linguas estranxeiras en horario extraescolar dirixido a alumnado de todas as etapas educativas.
Os trazos fundamentais que identifican o proxecto de Escola de Idiomas son: clases cun enfoque comunicativo, grupos reducidos e homoxéneos (entre 8 e 12 alumnos por grupo/nivel), seguimento personalizado e probas de nivel, posibilidade de certificación dos progresos a través dos exames oficiais de University of Cambridge, informes pedagóxicos trimestrais e titorías, calendario de eventos culturais e programa complementario (visionado de películas, tradicións, festividades, ...), newsletter mensual, ...
O vindeiro curso 2024 - 2025 comezará o 1 de outubro e rematará o 30 de maio con profesorado especializado no ensino da lingua inglesa.
En función da evolución e o nivel, os alumnos, a partir de 3º de Primaria, terán a posibilidade de presentarse aos exames oficiais de Cambridge English. ACTIVA xestiona integramente o proceso de matriculación.
En educación infantil traballaremos a naturalización da lingua inglesa seguindo a metodoloxía Ready for a Story!, propoñendo a súa aprendizaxe a través de contos escenificados.
En 1º e 2º de primaria empregarase un método de aprendizaxe por proxectos chamado Magic Stone que sitúa ao alumnado como protagonista absoluto no proceso de adquisición da lingua e fomenta a lectoescritura, o traballo en equipo, a integración de intelixencias múltiples e a posta en práctica de habilidades en contextos reais e motivadores.
En 3º, 4º, 5º, 6º de Primaria e ESO os alumnos adquirirán a destreza necesaria que lles permita realizar as probas da prestixiosa Universidade de Cambridge. Estes exames avalían as catro destrezas básicas (reading, writing, speaking e listening). Este sistema de exames está vinculado ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
As prazas son limitadas e cubriranse por estrita orde de inscrición sendo necesario un número mínimo de inscricións por grupo para iniciar a actividade. En caso de non formarse grupo, comunicarémosvolo telefonicamente tan pronto como sexa posible.
Prezos e horarios
INGLÉS | Días | Horarios | Cuota |
Ready for a story! Ed. Infantil | Luns e mércores | 16:10 a 17:10 | 49 €/mes |
Magic Stone. 1º y 2º Ed. Primaria | Martes e xoves | 16:10 a 17:10 | 49 €/mes |
Cambridge (Young Learners) 3º y 4º Ed. Primaria | Martes e xoves | 17:10 a 18:10 | 49 €/mes |
Cambridge (Young Learners) 5º y 6º Ed. Primaria | Luns e mércores | 17:10 a 18:10 | 49 €/mes |
Cambridge (KET, PET, FIRST,...) 1º/2º E.S.O. | Luns e mércores | 18:10 a 19:10 | 49 €/mes |
Cambridge (KET, PET, FIRST,...) 3º/4º E.S.O. | Martes e xoves | 18:10 a 19:10 | 49 €/mes |
Prazos e inscrición
O prazo de inscrición abrirase o 5 de xuño ás 12:00 ata o 29 de xullo e desde o 2 de setembro tamén ás 12:00 ata o 17 de setembro á mesma hora.
Para a formación de grupos, as inscricións antes do 29 de xullo terán preferencia.
PASOS A SEGUIR PARA REALIZAR A INSCRICIÓN:
- Acceder á ligazón http://www.activa.org/acceso-usuarios/ e facer “ clic” no apartado “FAMILIAS”. Se xa se rexistrou en cursos anteriores pase directamente ao paso 6. Se non é así débese facer clic en “Solicitude de alta para familias”. É aquí onde se poderá realizar a solicitude de rexistro.
- Cumprimente os datos.
- Elixa a escola: COLEXIO MARTINEZ OTERO.
- Inscriba ao alumno/a facendo “ clic” en “Engadir datos alumno/a”. Se ten máis dun/a fillo/a, cando finalice cos datos do primeiro/a, faga “ clic” outra vez sobre “Engadir datos alumno/a”.
- A súa solicitude de rexistro finalizaría e despois da validación por parte de ACTIVA, no prazo de 24 horas en días laborables, recibirá un correo electrónico confirmando o alta e lembrando o seu usuario e contrasinal (lembre revisar o cartafol de correo non desexado).
- Acceda á plataforma cos seus datos de acceso para realizar a inscrición nas actividades que desexe pulsando sobre o nome do seu fillo/a e posteriormente no apartado “Nova inscrición”.
- Elixa a actividade na que está interesado e pulsa en “Inscribir”.
A Escola de idiomas comezará o día 1 de outubro.
A forma de pago farase a través de domiciliación bancaria. O recibo pasarase o día 5 de cada mes (a mensualidade de outubro cargarase durante a primeira quincena de dito mes). Cada recibo que sexa rexeitado polo banco incrementarase o importe en 1,50 € (gastos de devolución). Os alumnos/as con dous ou máis recibos pendentes de pago serán dados de baixa na Escola de idiomas. Para poder asistir á Escola de idiomas durante o curso 2024-25 é necesario ter abonados previamente todos os recibos de cursos anteriores.
A Escola de idiomas inclúe unha matrícula por alumno/a e curso de 50,00 € en concepto de material didáctico e eventos culturais que se pasará no mes de novembro.
ACTIVA ofrece servizo de Titorías ás familias interesadas. Poderedes solicitalas nos números de teléfono 600 904 941 / 981 139 248 ou no correo electrónico galicia@activa.org.