Charla - coloquio Siro Maseda



27/09/2017

O venres 6 de outubro, ás 12h, no Salón de Actos do Colexio contaremos coa presenza do atleta Siro Maseda (1977). O laurentino, acompañado do seu compañeiro de adestramentos Martín Pardiñas, contaranos a súa experiencia na exixente proba chamada "Tor de Geants", na que os participantes deben afrontar un percorrido de 333 kilómetros cun desnivel positivo de 24.000 metros nun límite máximo de 7 días. Siro, ao longo da súa traxectoria, ten destacado e realizado numerosas probas como, por exemplo, 3 Traveseiras (74 km), 1 Ultra do Soplao (120 km), 1 Desafío Cantabria (83 km), 1 Ultra do Barbanza (80 km), 1 Ultra Trail Picos de Europa (55 km), 1 Ultra Trail du Mont Blanc (170 km) ou o Tor de Geants (330 km). Agardamos que a súa charla contribúa para que os pícaros sigan a ver no deporte unha fonde de esforzo, superación e compañeirismo. A CHARLA ESTÁ ABERTA Á PRESENZA DE CALQUERA PERSOA INTERESADAhttps://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/f4c/1/16/1f642.png:)




 Voltar