Todos un e iguais

APERTURA DO PERIODO DE ADMISIÓN CURSO 2024/2025

As nosas portas están abertas para todas aquelas familias que, no curso 2024-2025, desexan formar parte da nosa comunidade educativa, na nova aventura que comezan os seus fillos e fillas no 2º ciclo de Educación Infantil (a partir de 3 anos).

As visitas nestes días fanse de forma personalizada. Coñeceredes a liña pedagóxica do noso centro educativo, os servizos dispoñibles e as nosas instalacións para os vosos fillos e fillas, creados e adaptados especificamente para esta etapa educativa. Ademais, recibiredes información sobre a ampla gama de actividades extraescolares que están a disposición do noso alumnado e que abranguen todo tipo de gustos e preferencias. Como poderedes ver, o centro é un colexio que segue medrando e mellorando día a día, por e para o noso alumnado e as nosas familias.

Se así o desexades, podedes contactar co centro por medio destas vías:

  • Chamando ao colexio: 982 140 028 ext. 2
  • Enviando un correo electrónico a: direccion@martinezotero.es

Non quededes sen coñecernos! Esperámosvos!


Novas de interese


Volver al resumen

17/04/2019

I CARREIRA POPULAR POLA LINGUA

O Colexio Martínez Otero de Foz, a instancia do seu equipo de Dinamización Lingüística, vén de crear, conxuntamente coa RUN FOZ RUN (empresa de organización de eventos deportivos), a “I CARREIRA POPULAR POLA LINGUA”.

Esta carreira, que se enmarca dentro das actividades colexiais da semana das Letras Galegas, nace con vontade de permanencia no tempo e coa idea de conxugar dúas paixóns que son marca de identidade do noso Colexio: o fomento do deporte e o amor pola cultura, representada, neste caso, na promoción da lingua galega.

A “I CARREIRA POPULAR POLA LINGUA” terá lugar o venres 10 de maio e o epicentro da actividade será o patio do Colexio Martínez Otero. As carreiras das categorías inferiores (pícaros, benxamíns, alevíns, infantís e cadetes) desenvolveranse a partir das 15h30 e non ten custo económico ningún para todos aqueles pícaros e pícaras que desexen participar. A entrega de premios destas categorías realizarase ás 16h45.

Para as categorías adultas establécense dúas modalidades de participación: a ANDAINA de 3K (que dará inicio ás 17h30) e a CARREIRA ABSOLUTA de 5K (que comezará ás 19h). Ambas as dúas probas están abertas a todas as persoas interesadas e terán un custo económico de 3€ (Andaina) e 5€ (Carreira Absoluta). A entrega de premios, para a carreira absoluta, terá lugar ás 19h45.

As inscricións de todas as categorías e probas xa están abertas. As persoas interesadas poderán anotarse, ata o mércores 8 de maio, na seguinte páxina web: https://sportmaniacs.com/es/services/inscription/i-carreira-pola-lingua

Tanto nas categorías inferiores como na absoluta os gañadores recibirán medallas e bolsa deportiva de agasallo. Haberá tamén mesas con bebidas e alimentos para que os corredores repoñan forzas, duchas e servizo de roupeiro.

Deste xeito, desde o Colexio Martínez Otero, animamos a todas as persoas interesadas (pícaros, pícaras, adultos etc.) a participar desta iniciativa deportiva e cultural.

AGRADECEMOS A DIFUSIÓN! 😊🏃‍♂️

 I carreira popular pola lingua.jpg


Volver al resumen




 


Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram