Todos un e iguais

APERTURA DO PERIODO DE ADMISIÓN CURSO 2024/2025

As nosas portas están abertas para todas aquelas familias que, no curso 2024-2025, desexan formar parte da nosa comunidade educativa, na nova aventura que comezan os seus fillos e fillas no 2º ciclo de Educación Infantil (a partir de 3 anos).

As visitas nestes días fanse de forma personalizada. Coñeceredes a liña pedagóxica do noso centro educativo, os servizos dispoñibles e as nosas instalacións para os vosos fillos e fillas, creados e adaptados especificamente para esta etapa educativa. Ademais, recibiredes información sobre a ampla gama de actividades extraescolares que están a disposición do noso alumnado e que abranguen todo tipo de gustos e preferencias. Como poderedes ver, o centro é un colexio que segue medrando e mellorando día a día, por e para o noso alumnado e as nosas familias.

Se así o desexades, podedes contactar co centro por medio destas vías:

  • Chamando ao colexio: 982 140 028 ext. 2
  • Enviando un correo electrónico a: direccion@martinezotero.es

Non quededes sen coñecernos! Esperámosvos!


Novas de interese


Volver al resumen

02/09/2019

INFORMACIÓN COMEZO DE CURSO

Desde a Administración do Colexio infórmannos do seguinte: a DISTRIBUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO terá lugar desde o mércores día 4 ata o martes 17 deste mes, de 10 a 13:15 e de 16:15 a 19:15h.

Aquelas familias que teñan pendente o pago dalgún dos nosos servizos, correspondentes ao curso 2018 - 2019, non poderán retirar os libros sen antes solucionar esta situación. Do mesmo xeito, tampouco poderán desfrutar dos servizos que ofertamos se non regularizan as súas débedas antes do comezo de curso. Grazas pola vosa colaboración! 😊📚



Volver al resumen




 


Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram