Todos un e iguais

Historia do Colexio Martínez Otero

A creación deste centro responde á vontade de D. Eliseo Martínez Pillado e Dna. Pilar Otero Pillado, os cales, no seu testamento, legan unha importante suma de bens para a súa fundación. Así, en 1936, os encargados de aplicar as disposicións do testamento adoptan a clasificación de Fundación benéfico-docente.

No ano 1940 a Congregación dos Hermanos de la Instrucción Cristiana de Lamennais - Menesianos - fanse cargo da dirección do centro ata o ano 1964.

No ano 1964 a Xunta de Patróns nomea superior e administrador a D. Manuel Crespo Prieto que, xunto con un grupo de mestres segrares, se encarga de impartir as clases de primaria e secundaria aos alumnos do colexio durante os cursos 1964/1966, sendo substituído no ano 1966 polo P. Agapito Díez Orbaneja da Congregación de Padres Maristas, coa que se firma un contrato o 2 de abril de 1968. 

 

 


O 3 de outubro de 1968 quedou o colexio oficialmente autorizado para impartir o ensino de Primaria, e o 3 de xullo de 1969 é recoñecido para o ensino Medio.

O 12 de setembro de 1973 obtense a aprobación de transformación e clasificación definitiva como centro non estatal de E.X.B. de 16 unidades con capacidade para 640 postos escolares.

No curso 1976/1977 é autorizada a etapa de Preescolar.

O día 4 de maio de 1983 acórdase implantar o ensino mixto. 

No curso 1991/1992 os Padres Maristas deixan a dirección e faise cargo a Congregación Salesiana, ata o curso 2011/2012 inclusive.

No curso 2012/2013, a Congregación Salesiana deixa a dirección, a cal é asumida, segundo as indicacións do Padroado, polo profesorado segrar do centro, actuando o párroco de Foz como profesor de relixión de secundaria e consiliario do centro. 

Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram