Todos un e iguais

APERTURA DO PERIODO DE ADMISIÓN CURSO 2024/2025

As nosas portas están abertas para todas aquelas familias que, no curso 2024-2025, desexan formar parte da nosa comunidade educativa, na nova aventura que comezan os seus fillos e fillas no 2º ciclo de Educación Infantil (a partir de 3 anos).

As visitas nestes días fanse de forma personalizada. Coñeceredes a liña pedagóxica do noso centro educativo, os servizos dispoñibles e as nosas instalacións para os vosos fillos e fillas, creados e adaptados especificamente para esta etapa educativa. Ademais, recibiredes información sobre a ampla gama de actividades extraescolares que están a disposición do noso alumnado e que abranguen todo tipo de gustos e preferencias. Como poderedes ver, o centro é un colexio que segue medrando e mellorando día a día, por e para o noso alumnado e as nosas familias.

Se así o desexades, podedes contactar co centro por medio destas vías:

  • Chamando ao colexio: 982 140 028 ext. 2
  • Enviando un correo electrónico a: direccion@martinezotero.es

Non quededes sen coñecernos! Esperámosvos!


Novas de interese


Volver al resumen

15/05/2020

➡️ INFORMACIÓN IMPORTANTE ⬅️

Estimadas familias:

Agardamos que todos esteades ben de saúde e ánimos.

En cumprimento das instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, relativas ás adaptacións das programacións didácticas e a súa puiblicidade, comunícase que na ligazón que se acompaña, poderán vostedes acceder ao devandito documento de adaptación das programacións.

https://drive.google.com/open?id=1rxC4W3Ud7h1BvTL_Lai_DAxY_SknRILb

Aproveito a ocasión para comunicar algunhas cousas:
1.- Segundo información da Xunta de Galicia de 14.5.2020 no noso colexio NON SE VOLVERÁ ÁS AULAS neste curso 2019 – 20.
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31039

2.- Estamos á espera de que se publique a orde que regula as axudas para libros de texto e material escolar, así como o Fondo Solidario de Libros 2020 – 2021, en canto se publique terán vostedes, a través dos titores/as, cumprida información.

3.- Libros de texto 2020 – 2021: En breve recibiredes, a través dos titores/as, o listado de libros de texto do curso 20 – 21 para que poidades comunicarnos se queredes que nós fagamos a xestión de compra de libros, coma todos os cursos. Bastará que devolvades ao colexio ese documento debidamente cuberto e asinado.

Sen outro particular, recibide un cordial saúdo:

A dirección



Volver al resumen




 


Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram