Xuntos somos máis

Admisión e matrícula para o curso 2020-2021

O CPR Plurilingüe Martínez Otero imparte diversos niveis educativos desde educación infantil ata ESO.

En calquera momento do ano, as familias interesadas poden concertar unha cita connosco para coñecer máis en detalle o Proxecto do Centro e o Modelo Educativo. Cando os pais coñecen a fondo a proposta do centro con antelación ao momento de solicitar a praza, gozan de maior liberdade para escoller o colexio que máis se axusta ás súas preferencias. Esta entrevista non supón ningún compromiso para a familia nin para o Centro.

O día 1 de febreiro iniciouse o procedemento de admisión e matriculación do alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria e ESO para o curso 2020 - 2021. 

O centro oferta 25 prazas para os nenos e nenas que inician a súa etapa educativa no Colexio, ademais doutras vacantes no resto de cursos.

Calendario do proceso de admisión

Reserva de praza no centro de orixe ou centro de adscrición.

Do 1 ao 17 de febreiro

Data do sorteo público da letra a efectos de desempate.

Última semana de febreiro

Publicación de postos escolares vacantes.

Antes do 1 de marzo

Presentación da solicitude de admisión dos alumnos que cambien de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou para estudos superiores (solicitude de praza en centros públicos).

Do 2 ao 20 de marzo

Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo.

A partir do 23 de marzo

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.

Antes do 25 de abril

Publicación de listaxes definitivas.

Antes do 15 de maio 

    Información xeral

  • Toda a información sobre o proceso de admisión e as listaxes de admitidos e non admitidos publicaranse no taboleiro de anuncios do centro.
  • Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, en caso de duplicidade de solicitude esta suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Solicitude de praza

Pódese solicitar praza presentando a seguinte solicitude cumplimentada no centro. Os formularios serán facilitados tamén gratuitamente no centro.

 Cando existan máis solicitudes que prazas dispoñibles, os criterios prioritarios de admisión serán:

  • irmáns matriculados no centro
  • nai, pai, titora ou titor que traballe no centro 
  • proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo do pai ou da nai (zona de influencia*)
  •  Renda anual per cápita da unidade familiar
  • condición de familia numerosa
  • condición de familia monoparental
  • discapacidade da alumna ou do alumno, da súa nai, do seu pai, da persoa titora legal, dalgunha irmá ou dalgún irmán

 Formalización de matrícula

Os prazos para formalizar a matrícula serán:

  • do 22 ao 30 de xuño en educación infantil e primaria
  • do 25 ao 10 de xullo en educación secundaria obrigatoria
  • prazo extraordinario do 1 ao 10 de setembro para alumnado de educación secundaria
  • *Estes prazos poden verse modificados pola situación excepcional que se está a vivir por mor da Covid-19. Informarase debidamente a través das nosas redes sociais e desta páxina web cando a Xunta proporcione dita información.
Formulario de admisión ED330B
Formulario ED330B.pdf (2.05MB)
Formulario de admisión ED330B
Formulario ED330B.pdf (2.05MB)
Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram